Galicia formará parte do proxecto europeo ‘Invest4Health’ para impulsar e coñecer novos modelos de financiamento para os sistemas sanitarios

O proxecto conta cun orzamento de 5,5 millóns de euros, financiados a través de Horizonte Europa

Participan un total de 18 entidades, entre as que as que se atopa a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS)

Santiago de Compostela, 3 de setembrode 2022

A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) formará parte do proxecto europeoInvest4Health, destinado a incentivar novos modelos de financiamento para a promoción da saúde e a prevención de enfermidades.

Trala pandemia, os sistemas sanitarios europeos deben abordar a acumulación de atrasos na asistencia sanitaria derivados da covid-19, os novos retos para a saúde e a escaseza de recursos buscando formas de maximizar os activos da Administración pública.

 

O proxecto Invest4Health enmárcase dentro das accións de investigación e innovación (RIA) de Horizonte Europa, e ten por finalidade garantir o acceso a unha asistencia sanitaria innovadora, sostible e de calidade, promovendo novos modelos de financiamento para os sistemas sanitarios.

 

A acción Invest4Health está coordinada pola rexión sueca de Skåne, e conta ca participación dun total de 18 entidades de 8 países, entre as que destacan as seguintes Universidades e Centros tecnolóxicos:

 
1 Region Skåne SUECIA (Coordinador)

2 Erasmus University Rotterdam PAÍSES BAIXOS

3 SNF Centre for Applied Research at Norwegian School of Economics NORUEGA

4 Syreon Research Institute HUNGRÍA

5 EuroHealthNet ASBL BÉLXICA

6 Research Institutes of Sweden SUECIA

7 Norway Health Tech NORUEGA

8 Innovation Skåne SUECIA

9 Stichting Health ClusterNET PAÍSES BAIXOS

10 Hywel Dda University Health Board REINO UNIDO

11 Bangor University REINO UNIDO

12 SINTEF NORUEGA

13 University of Oxford REINO UNIDO

14 University of Gothenburg SUECIA

15 University Hospital Heidelberg ALEMANIA

16 IESE Business School, Universidad de Navarra ESPAÑA

17 Forschungsinstitut für Rationalisierung ALEMANIA

18 Axencia Galega Para a Xestión do Coñecemento en Saúde ESPAÑA

 

O proxecto ten unha duración de 3 anos e medio (42 meses) e ten previsto comezar en xaneiro do 2023. As actividades que se leven a cabo buscarán consolidar os esforzos e recursos no sector sanitario e incentivar novas formas de financiamento no ámbito público nas que os beneficios para a saúde superen os custos iniciais e proporcionen un retorno da inversión sostible.

 

Galicia colaborará na definición conxunta das necesidades; validar enfoques e propostas; comunicar, difundir e participar nas actividades que se leven a cabo; e aportar a súa experiencia como comprador público de solucións innovadoras.

Cómpre destacar a traxectoria do Servizo Galego de Saúde no desenvolvemento de proxectos de compra pública innovadora como Hospital2050, InnovaSaúde, Código100, e proxectos en marcha como INNOVATRIAL ou Innova MicroLab, que mobilizaron máis de 120 millóns de euros; o primeiro living lab de saúde do Sergas no Hospital Universitario de Ourense da rede LABSAÚDE; e o recoñecemento por parte da Comisión Europea a Galicia como unha das rexións de referencia europea no desenvolvemento, a adopción e escalado de solucións innovadoras para un envellecemento activo e saudable. Esta aposta foi recoñecida recentemente polo Consello Europeo de Innovación (EIC) como gañadores dos I Premios Europeos á Contratación Pública de Innovación.

Imaxes relacionadas