Fernández-Tapias asiste á apertura do ciclo de conferencias “Charlas en chanclas” no Barbeira Fest

A delegada territorial da Xunta en Vigo acudiu este venres á conversa na que participaron Ledicia Costas, Pedro Feijóo, Diego Giráldez e Jorge Martí

O Escenario Xacobeo acolle hoxe (18:00 horas) os concertos das bandas indie a nivel estatal Morreo, Diamante negro e Emilia, Pardo y Bazán
 

Vigo, 2 de setembro de 2022.-

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, acudiu este venres en Baiona á apertura do ciclo “Charlas en chanclas”, o “minicongreso de conversas” incluído na programación do Barbeira Season Fest. As conversas arrancaron coa charla “Música e literatura. Diálogos de conveniencia”, na que participaron os escritores Ledicia Costas, Pedro Feijóo, Diego Giráldez e Jorge Martí, vocalista de “La Habitación Roja”.

 

Posteriormente, acompañado da actriz Arantxa Treus, Jorge Marti presentou o seu libro Canción de amor definitiva. Xa pola tarde, ás 16:00 horas, o xornalista Javier Becerra impartirá a charla “La música no es lo importante” e as 17:00 horas, para pechar o ciclo, terá lugar a charla “Música e marcas. Mestúrate comigo”.

 

Este venres subiranse aos dous escenarios do recinto do Parque da Palma algúns dos grandes grupos do cartaz desta cuarta edición. Dende as 18:00 horas, no Escenario Xacobeo, o público poderá gozar cos concertos das bandas emerxentes do indie a nivel estatal Morreo, Diamante negro e Emilia, Pardo y Bazán. No Escenario Vibra Mahou, a partir das 20:30 horas, as sesións de DJ Moderno iránse intercalando cos concertos de La Habitación Roja e Depedro, que pechará a xornada.

 

Máis de 20 grupos

Esta nova edición do Barbeira Season Fest crece este ano tanto en días como en oferta musical, con máis de 20 grupos e artistas programados durante as cinco xornadas de concertos. León Benavente, Zahara, De Pedro e Triángulo de Amor Bizarro serán os cabezas de cartel dun festival que abriu coa mencionada actuación sorpresa non desvelada pola organización ata hoxe mesmo.

 

Escenario Xacobeo

O parque da Palma acolle o Escenario Vibra Mahou como recinto principal para a música, mentres que a Praza do Concello alberga o Escenario Xacobeo. Ademais, tamén aumenta a proposta de actividades culturais e gastronómicas que se estenderán polo municipio atravesado polo Camiño Portugués da Costa.

 


Imaxes relacionadas