A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,00 h. de hoxe
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 19,00 h. de hoxe.
PROVINCIA | CONCELLO | PARROQUIA DE INICIO | SITUACIÓN (1) | MEDIOS (2) | SUPERFICIE (HA) (3) | OBSERVS. |
OURENSE | Lobeira | Parada | ACT (dende as 15,56 h. de hoxe) | 4 AX, 17 BR, 8 MB, 1 PA, 5 AV e 9 HE | 35 | Afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés Evoluciona favorablemente cara á súa estabilización. |
Cenlle | A Pena | CONT | 3 TEC, 31 AX, 79 BR, 47 MB, 3 PA, 1 UTA, 8 AV e 9 HE | 62 |
(1) SITUACIÓN: ACT: activo; EST: estabilizado; CONT: controlado; EXT: extinguido; SIT 2: Situación 2.
(2) MEDIOS MOBILIZADOS (acumulado): TEC: técnicos; AX: axentes; BR: brigadas; MB: motobombas; PA: pas; TR: tractores; AV: avións; HE: helicópteros; UTA: Unidade Técnica de Apoio; UME: Unidade Militar de Emerxencias.
(3) SUPERFICIE: As estimacións son sempre PROVISIONAIS, ata que se realice a medición da superficie final afectada.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.