A Xunta de Galicia subliña en Lalín a aposta innovadora de Megodeza

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá as instalacións desta empresa, a oitava máis grande do sector frigorista en toda España
 

Confirma o compromiso do Goberno galego coas pemes poñendo á súa disposición medidas que permiten mellorar a súa competitividade
 

Destaca a Axenda financeira 2022 que, entre outras liñas, inclúe por primeira vez a posibilidade de pedir axudas e financiamento nun mesmo expediente, a través dos préstamos parcialmente reembolsables

Lalín (Pontevedra), 1 de setembro de 2022

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, subliñou esta mañá en Lalín a aposta innovadora de empresa frigorista Megodeza, da que destacou que é a oitava máis grande do seu sector en toda España.

 

Conde puxo en valor o labor desta compañía familiar con máis de 30 anos de traxectoria que está en pleno proceso de crecemento grazas a ampliación das súas instalacións -segundo Cepyme figura como unhas das 500 empresas con maior crecemento de toda España en 2021-. Unha empresa que, ademais, está apostando pola innovación, a sustentabilidade e a internacionalización.

 

Conde trasladou á firma de Lalín o compromiso e apoio da Xunta de Galicia para que poida seguir neste crecemento ascendente e lembrou as medidas que o Goberno galego ten a disposición do conxunto do tecido empresarial para impulsar a súa competitividade. “Seguiremos implementando medidas pensando nas pemes e en como podemos ser útiles para a iniciativa empresarial e a xeración de emprego”, destacou

 

Neste sentido, a Xunta apoia o financiamento empresarial a través da Axenda financeira 2022 que, entre outras liñas, inclúe por primeira vez a posibilidade de pedir axudas e financiamento nun mesmo expediente, a través dos préstamos parcialmente reembolsables. Tamén están abertas, nestes momentos, liñas para impulsar a dixitalización, proxectos de loxística avanzada e sostible ou a economía circular.

Imaxes relacionadas