A Xunta pon en funcionamento este venres novos servizos de autobús a demanda na Fozara e na Lomba, no concello de Ponteareas

As melloras inclúen novas paradas na parroquia de San Bartolomeu de Fozara para atender as necesidades de desprazamento da veciñanza de Ponteareas
 

A prestación deste novo servizo a demanda dos autobuses da Xunta require a reserva previa de praza por parte dos usuarios
 

A nova ruta terá saída da Lomba ás 9:11 horas de luns a venres, e os sábados ás 8:56 horas, excepto os días festivos
 

O departamento que preside Ethel Vázquez continúa traballando para optimizar os servizos de transporte público e ofrecerlles aos cidadáns unha resposta axeitada ás súas necesidades reais en materia de mobilidade

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2022

A Xunta activará este venres, día 2 de setembro, novos servizos de autobús a demanda en Fozara e A Lomba, na parroquia de San Bartolomeu de Fozara, no concello de Ponteareas.

 

Máis en concreto, a ampliación dos servizo da autobús da Xunta realizase mediante unha nova configuración da actual ruta Paredes-Ponteareas, engadíndose ao inicio da liña novas paradas na Lomba e Fozara. A nova liña de autobús pasará a converterse na ruta A Lomba-Ponteareas estación de autobuses.

 

A prestación deste novo servizo a demanda dos autobuses da Xunta require a reserva previa de praza por parte dos usuarios. A nova ruta terá saída da Lomba ás 9:11 horas de luns a venres, e os sábados ás 8:56 horas, excepto os días festivos.

 

A Xunta dá así resposta ás necesidades de desprazamento dos veciños destes núcleos, mediante unha nova configuración e ampliación da oferta estendendo a cobertura dos servizos de transporte interurbano por estrada neste municipio pontevedrés.

 

Toda a información relativa aos novos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.

 

O departamento que dirixe Ethel Vázquez continúa traballando para optimizar os servizos de transporte público e ofrecerlles aos cidadáns unha resposta axeitada ás súas necesidades reais en materia de mobilidade.

Imaxes relacionadas