A Xunta ofrece servizos especiais de autobús durante as festas de Perillo, en Oleiros, para facilitar os desprazamentos

Habilitarase un servizo de madrugada os días 3 e 4 de setembro desde a parada de Lucín ata Entrexardíns

Os menores de 21 anos poderán empregar a tarxeta Xente Nova para viaxar gratis, e os demais usuarios dos autobuses públicos da Xunta terán descontos coa tarxeta de mobilidade de Galicia (TMG)

A Xunta quere facilitar mellores alternativas de viaxe en transporte público para reducir os riscos da condución nocturna e minorar o impacto ambiental e sobre o tráfico

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2022

A Xunta ofrecerá un servizo especial de autobús durante as festas de Perillo, no concello de Oleiros, para facilitar os desprazamentos.

 

Habilitarase un servizo especial de madrugada os días 3 e 4 de setembro desde a parada de Lucín ata Entrexardíns, con saída ás 03:30 horas da madrugada.

 

O servizo especial fará paradas nos seguintes lugares: Lucín, A Pezoca, O Carballo, San Pedro de Nós, Casa das Palmeiras, Ponte do Burgo, O Burgo, O Burgo Edificio Usos Múltiples, Universidade Laboral, Cruce Cordeda, Portazgo, Palavea Alcampo, Alfonso Molina Coca-Cola, Alfonso Molina Zapateira, Alfonso Molina Elviña, Alfonso Molina (Carrefour), avenida Alfonso Molina, praza de Ourense e Entrexardíns.

 

Os menores de 21 anos poderán viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova e o resto de usuarios do transporte público da Xunta poden beneficiarse dos descontos da tarxeta de mobilidade de Galicia (TMG).

 

A Xunta, coa posta en marcha destes servizos especiais, quere facilitar mellores alternativas de viaxe en transporte público, de xeito que se reduzan os riscos da condución nocturna despois de xornadas de lecer, e minorar o impacto ambiental e sobre o tráfico.