A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h de hoxe
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe.
PROVINCIA | CONCELLO | PARROQUIA DE INICIO | SITUACIÓN (1) | MEDIOS (2) | SUPERFICIE (HA) (3) | OBSERVS. |
A CORUÑA | Porto do Son | Ribasieira | CONT | 1 TE, 30 AX, 56 BR, 36 MB, 4 PA, 5 AV e 5 HE | 82 | |
OURENSE | A Pobra de Trives | Barrio | EST | 5 AX, 16 BR, 10 MB e 1 HE | 20 | |
Viana do Bolo | Grixoa | EST | 1 TE, 12 AX, 36 BR, 22 MB, 2 PA, 3 AV e 9 HE | 102 |
(1) SITUACIÓN: ACT: activo; EST: estabilizado; CONT: controlado; EXT: extinguido; SIT 2: Situación 2.
(2) MEDIOS MOBILIZADOS (acumulado): TEC: técnicos; AX: axentes; BR: brigadas; MB: motobombas; PA: pas; TR: tractores; AV: avións; HE: helicópteros; UTA: Unidade Técnica de Apoio; UME: Unidade Militar de Emerxencias.
(3) SUPERFICIE: As estimacións son sempre PROVISIONAIS, ata que se realice a medición da superficie final afectada.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.