A Xunta publica o acordo de reestruturación parcelaria da zona de Dodro-Laíño II, no concello coruñés de Dodro A Xunta publica o acordo de reestruturación parcelaria da zona de Dodro-Laíño II, no concello coruñés de Dodro

O Diario Oficial de Galicia fai público hoxe o anuncio pertinente da Consellería do Medio Rural, sobre esta reorganización territorial que afecta a unha superficie total de 470 hectáreas
 

Ata agora supuxo un investimento próximo aos 2 millóns de euros por parte do Goberno galego

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2022

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se comunica a aprobación do acordo de reestruturación parcelaria da zona de Dodro-Laíño II, no concello coruñés de Dodro, que afecta a unha superficie de 470 hectáreas. 

 

Este paso supón a determinación dos predios de reemprazo cos novos titulares, coa superficie resultante da reorganización e coa nova clasificación da terra. Así, reorganizáronse un total de 8.973 parcelas de 1.019 propietarios en 1.378 predios, nun proceso que ata agora supuxo un investimento próximo aos 2 millóns de euros por parte da Xunta.

 

Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da notificación persoal ou -no seu defecto- da súa publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) e no DOG.

 
Enlace ao anuncio no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220829/AnuncioG0426-120822-0001_gl.html

Departamento:
C. do Medio Rural