A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 8,30 h. de hoxe
Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2022.- A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 8,30 h. de hoxe.
PROVINCIA | CONCELLO | PARROQUIA DE INICIO | SITUACIÓN (1) | MEDIOS (2) | SUPERFICIE (HA) (3) | OBSERVS. |
A CORUÑA | Porto do Son | Ribasieira | CONT | 1 TE, 30 AX, 55 BR, 35 MB, 4 PA, 5 AV e 5 HE | 82 | |
OURENSE | A Pobra de Trives | Barrio | EST (iniciouse ás 21,44 h. de onte e quedou estabilizado á 1,23 h. da madrugada) | 4 AX, 11 BR e 7 MB | 20 | |
Viana do Bolo | Grixoa | EST | 1 TE, 11 AX, 34 BR, 21 MB, 2 PA, 3 AV e 9 HE | 102 | ||
Muíños | Requiás | EXT (iniciouse ás 23,55 h. de onte e quedou extinguido ás 3,43 h. da madrugada) | 3 AX, 4 BR e 3 MB | 1,5 (de monte raso) | Afectou o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. |
(1) SITUACIÓN: ACT: activo; EST: estabilizado; CONT: controlado; EXT: extinguido; SIT 2: Situación 2.
(2) MEDIOS MOBILIZADOS (acumulado): TEC: técnicos; AX: axentes; BR: brigadas; MB: motobombas; PA: pas; TR: tractores; AV: avións; HE: helicópteros; UTA: Unidade Técnica de Apoio; UME: Unidade Militar de Emerxencias.
(3) SUPERFICIE: As estimacións son sempre PROVISIONAIS, ata que se realice a medición da superficie final afectada.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.