A Xunta inviste 50.000 € para promover o labor das asociacións de persoas con discapacidade a través dun convenio con Cermi Galicia

O acordo procura apoiar á organización, que agrupa ás asociacións deste colectivo na nosa comunidade

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2022

A Xunta de Galicia financia con 50.000€ un convenio para favorecer a participación das persoas con discapacidade e mellorar a atención das súas necesidades. A Consellería de Política Social e Xuventude asinou co Comité de Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi) de Galicia, a organización que agrupa ás asociacións vinculadas a este colectivo na nosa comunidade, este acordo para apoiar o seu funcionamento.

 

Estes fondos, que renovan o compromiso da Administración autonómica coas organizacións da atención á discapacidade, permitirán impulsar as súas funcións de mellora e defensa dos dereitos destas persoas.

 

O maior orzamento para a discapacidade da historia

Este 2022, a Xunta de Galicia destina á atención das persoas con discapacidade un total de 141,7 millóns de euros, a cifra máis alta de toda a historia. Ademais deste convenio, estes fondos financian tamén axudas específicas a outras entidades de atención por máis de 8,2 millóns de euros.

Imaxes relacionadas