A Xunta garante o servizo de transporte escolar a todo o alumnado trasladado ao instituto IES Cotarelo Valledor que ten dereito a el

Pontevedra, 26 de agosto de 2022

O xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades na provincia de Pontevedra, César Pérez Ares, reuniuse esta mañá co director do instituto IES Armando Cotarelo Valledor, José Ignacio Castro Lozano, para analizar os últimos detalles das rutas de transporte do alumnado desprazado desde o antigo IES Fermín Bouza Brey ao devandito centro. Neste sentido, garantiulle que todo o alumnado con dereito a este servizo complementario vai ter dereito a el.

 

En concreto, acordouse que 55 dos alumnos das zonas de Fontecarmoa e O Piñeiriño van viaxar ao Cotarelo nunha liña de autobús habilitada pola Consellería de Educación, mentres que os 11 restantes collerán a liña procedente de Rubiáns a este instituto. A dirección do centro reunirase nos próximos días coas familias destes 11 alumnos para determinar o lugar máis acaído para fixar unha nova parada para esta ruta.

Imaxes relacionadas