A Xunta adxudica as obras de acondicionamento da drenaxe nas vías dos pasos inferiores da autovía do Barbanza, no concello de Dodro

As obras iniciaranse previsiblemente nas vindeiras semanas e suporán un investimento autonómico de máis de 22.000 euros

Trátase dunha actuación para mellorar a drenaxe nos dous pasos inferiores que se atopan nos puntos quilométricos 0+640 e 1+280 da autovía AG-11

Executarase unha nova rede de pluviais para a recollida das augas que, mediante un colector, serán conducidas ata a rede de drenaxe existente na zona adxacente aos pasos inferiores

Inclúese tamén a reparación e a regularización do firme no interior destes dous pasos, evitando a acumulación da auga nos mesmos, ademais de mellorar a circulación dos vehículos

O departamento que dirixe Ethel Vázquez continúa mellorando a rede viaria autonómica e reforzando a seguridade viaria

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2022

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou as obras para o acondicionamento da drenaxe nas vías dos pasos inferiores da autovía do Barbanza, no concello de Dodro.

 

O contrato foi adxudicado á empresa Nemesio Ordoñez, por un importe de máis de 22.000 euros. As obras iniciaranse nas vindeiras semanas.

 

Trátase dunha actuación para mellorar a drenaxe nos dous pasos inferiores que se atopan nos puntos quilométricos 0+640 e 1+280 da autovía AG-11.

 

Esta actuación céntrase na execución dunha nova rede de pluviais para a recollida das augas, e nos traballos inclúense a substitución da reixa existente e a colocación dunha nova, formada por unha canle de formigón e unha reixa antiescorregadiza, conectada a un colector de augas pluviais en tubaxe, que conducirá as augas recollidas ata a rede de drenaxe existente na zona adxacente aos pasos inferiores.

 

Para a execución das conducións realizarase unha gabia de 0,5 metros de ancho por unha profundidade variable entre 0,5 e 0,7 metros.

 

Nesta obra, inclúese tamén a reparación e regularización do firme no interior dos dous pasos inferiores. Deste modo, evitarase que se acumule a auga no interior dos pasos, ademais de mellorar a circulación dos vehículos.

Ademais, ao firme daráselle pendente cara á canle colocada á saída do paso. Realizarase o fresado duns 4 centímetros de capa de firme existente, regularizarase o firme e estenderase unha capa de rodaxe de mestura bituminosa en quente tipo de 4 centímetros de espesor.

 

O departamento que dirixe Ethel Vázquez continúa mellorando a rede viaria autonómica e reforzando a seguridade viaria.

Imaxes relacionadas