A ampliación do aforo de Balaídos para o concerto de Muse agarda pola autorización do Concello de Vigo

A produtora xa presentou a modificación do Plan de Autoprotección que permitirá aumentar a capacidade do recinto para a actuación máis agardada do verán

Os axustes dos requisitos para establecer os corredores de evacuación e as medidas de seguridade elevan o espacio dispoñible no estadio vigués

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, destaca a actuación do grupo británico o vindeiro 8 de agosto: “Será histórico”

O escenario para o espectáculo do grupo liderado por Matthew Bellamy comezará a montarse o vindeiro 3 de setembro

Vigo, 25 de agosto de 2022

Os concertos do Xacobeo 21-22 e a programación musical do verán en Vigo vivirán o vindeiro 8 de setembro a actuación máis agardada coa chegada do espectáculo da banda británica Muse ao Estadio de Balaídos. A promotora do concerto xa presentou nas últimas horas no Concello de Vigo a modificación do Plan de Autoprotección e agarda agora a súa validación para poñer canto antes á venda as novas entradas que haberá en pista.

 

O aumento do aforo foi posible grazas a mellora dos corredores de evacuación e a aplicación das medidas de seguridade esixidas pola Lei de Espectáculos. Desta forma, será posible elevar a capacidade para a actuación con 2.400 entradas máis en pista.

 

A montaxe do escenario comezará o próximo 3 de setembro e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, destacou este xoves que a actuación do grupo británico vai a ser muy especial. “Supón o regreso a Balaídos dos grandes concertos que non se celebran desde hai más de vinte anos, vai a ser histórico”, sinalou.

 

Compromiso da Xunta

A delegada lembrou que foi o compromiso da Xunta o factor determinante para conseguir que a actuación se celebre en Vigo. “Será unha das tres únicas datas que ten reservadas Muse en España e estou segura de que sen ningunha dúbida vai a ser o mellor concerto do verán en Galicia”, engadiu.

 

The Killer Barbies

O grupo Years&Years e a viguesa Silvia Superstar, á fronte do grupo The Killer Barbies,, serán os teloneiros da banda liderada por Matthew Bellamy. Despois de pasar por Madrid, no Mad Cool Festival, e polo Estadio de Balaídos, Muse actuará en Málaga o vindeiro 10 de setembro. As entradas para a actuación en Vigo foron vendidas en menos de 24 horas.

Imaxes relacionadas