Fernández-Tapias: “O concerto de C. Tangana foi un éxito absoluto e o Xacobeo aínda ten reservadas outras grandes actuacións en Vigo”

A delegada territorial da Xunta en Vigo destaca a actuación ofrecida este martes: “Tivemos a sorte de desfrutar dun espectáculo único nun lugar moi especial”

O peirao de Transatlánticos rexistrou un cheo total e centos de persoas seguiron o concerto desde o exterior gracias á pantalla xigante

A programación musical do Xacobeo 21-22 continuará a vindeira fin de semana co Festival de Música Urbana no que actuarán Quevedo e Ajax y Prok
 

Vigo, 23 de agosto de 2022.-

Os concertos do Xacobeo 21-22 viviron este martes unha das súas grandes noites en Vigo co artista C. Tangana e o seu espectacular tour 2022. O peirao de Transatlánticos, mesmo lugar no que rematou o pasado sábado o exitoso Festival Latitudes, rexistrou un chego total para presenciar a posta en escena do cantante madrileño de ascendencia galega e confeso seguidor do Celta.

 

“O concerto de C. Tangana foi un éxito absoluto e recibiu o aplauso unánime de todos os presentes pola súa calidade, pero o Xacobeo aínda nos ten reservadas grandes citas na cidade, como o Festival de Música Urbana ou Muse”, sinalou a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias.

 

A representante autonómica tamén destacou a afluencia de centos de vigueses que puideron seguir o espectáculo desde a zona das Avenidas gracias á pantalla xigante instalada sobre o escenario. “Tamén gustaríame destacar o bo comportamento de todos os asistentes e a ausencia total de incidentes nos arredores, onde houbo un dispositivo especial de seguridade coordinado polo Porto de Vigo”, engadiu a delegada.

 

C. Tangana chegou a Vigo dentro da súa xira por España “Sin cantar ni afinar” e antes de dar o salto o vindeiro mes de novembro a Latinoamérica. Tras pasar este martes pola cidade olívica, estará en Pamplona (3 de setembro), Ávila (10 de setembro) e Sevilla (17 de setembro). Posteriormente, ofrecerá concertos en México, Colombia e Arxentina.

 

O espectáculo musical de C. Tangana xa foi cualificado o pasado ano 2021 como o mellor de España e contou cun centenar de persoas para a montaxe. As entradas para o concerto de C. Tangana en Vigo estiveron esgotadas desde o primeiro día de venda.

 

Festival Latitudes e Festival de Música Urbana

A pasada fin de semana celebrouse tamén no peirao de Transatlánticos o Festival Latitudes que devolveu os grandes concertos á cidade co apoio do Xacobeo 21-22. Fernández-Tapias lembrou que no mesmo escenario celebrarase o vindeiro o sábado 27 de agosto o Festival de Música Urbana con Quevedo e Ajax e Prok. Ademais, indicou que a programación musical do Xacobeo tamén traerá á banda británica Muse (8 de setembro) ao Estadio de Balaídos.

 

Calendario musical do Xacobeo en Vigo

Xacobeo Importa:
17 de xuño: Pat Metheny – Auditorio Mar de Vigo
26 de xuño: Marisa Monte – Afundación
7 de xullo: Agnes Obel – Afundación
10 de xullo: Leon Bridges – Auditorio Mar de Vigo

 
Rufus Wainwright: 2 de xullo (Afundación)
 

Ciclo Xacobeo Vigo (Auditorio Mar de Vigo):
6 de xullo: Fat Freddy’s Drop
17 de xullo: Steve Vai
22 de xullo: Yann Tiersen
9 de agosto: Texas

26 de agosto: Cimafunk

18 de setembro: Mayumaná

 
Festival Latitudes: (Porto de Vigo)

19 de agosto: Two Door Cinema Club, Mando Diao, Bala e Zalomon Grass

20 de agosto: Iggy Pop, The Vaccines, Aphonic, Furious Monkey House, Sylvia Supertar

 
C. Tangana: 23 de agosto (Porto de Vigo)
 

Festival Música Urbana: 27 de agosto (Porto de Vigo)
Ayax y Prok
Quevedo
Califato
Sila Lúa
Safree

 
Muse: 8 de setembro en Balaídos
 

Fito & Fitipaldis: 28 de outubro no Auditorio Mar de Vigo

 


Imaxes relacionadas