A Xunta solicita como medida preventiva a situación 2 en dous incendios activos arestora nos municipios pontevedreses de Moaña e Ponteareas

No caso de Ponteareas (parroquia de Guillande), a situación operativa solicítase pola proximidade do lume ao núcleo de Raimonde

O lume de Moaña sitúase na parroquia de Meira
 

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2022.-

A Consellería do Medio Rural vén de solicitar -como medida preventiva- a declaración da Situación 2 en dous incendios forestais rexistrados nos municipios pontevedreses de Moaña e Ponteareas.

 

No primeiro caso, o lume afecta á parroquia de Meira e iniciouse ás 15,54 h. desta tarde. Ata o momento mobilizáronse para controlalo 4 axentes, 10 brigadas, 6 motobombas, 5 avións e 5 helicópteros.

 

No caso de Ponteareas, o lume rexístrase na parroquia de Guillade e a situación operativa de emerxencia declárase pola súa proximidade ao núcleo de Raimonde. Este incendio iniciouse ás 16,33 h. desta tarde e para o seu control mobilizáronse ata o de agora 3 axentes, 6 brigadas, 3 motobombas, 1 pa, 4 avións e 7 helicópteros.

 

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

 
 

Sons relacionados

  • Declaracións do conselleiro de Medio Rural
Departamento:
C. do Medio Rural