A Xunta dá a benvida a un grupo de mozos saharauís que participan este ano no programa ‘Vacacións en paz’

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2022

A Xunta de Galicia da a benvida a un grupo de rapaces saharauís que participan este verán no programa Vacacións en paz, co que colabora a Administración autonómica cun investimento de 100.000€ anuais. No acto, celebrado esta mañá na praza do Obradoiro, participou o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey.

 

Este programa, desenvolvido pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps), permite que os rapaces, de entre 6 e 14 anos, desfruten dunhas semanas na nosa comunidade nunha familia de acollida. Neste sentido, Jacobo Rey destacou o valor desta iniciativa para evitar o impacto sobre estes rapaces das altas temperaturas que se dan durante estes meses no campamento de refuxiados de Tindouf, en Alxeria, lugar de onde proceden todos eles. Ademais, agradeceu a implicación das súas familias galegas, que son a garantía fundamental dun verán feliz e lonxe da extrema calor para estes nenos.

Imaxes relacionadas