A Xunta reforza as frecuencias de autobús durante as festas de Ferrol, os días 21, 27 e 28 de agosto

Habilitaranse dous servizos especiais durante os tres días desde Praza de Galicia ata o Concello de Narón, ás 00:30h e á 1:30h

O servizo especial fará un total de 22 paradas, e pasará polo barrio de Caranza

Os menores de 21 anos poderán empregar a tarxeta Xente Nova para viaxar gratis, e os demais usuarios dos autobuses públicos da Xunta terán descontos coa tarxeta de transporte metropolitano

A Xunta quere facilitar mellores alternativas de viaxe en transporte público para reducir os riscos da condución nocturna e que se aminore o impacto medioambiental e sobre o tráfico

 

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2022.-

A Xunta reforza as frecuencias de autobús durante as festas de Ferrol, os días 21, 27 e 28 de agosto.

 

Habilitaranse dous servizos especiais durante os tres días desde Praza de Galicia ata o Concello de Narón, ás 00:30h e á 1:30h, coa fin de facilitar o desprazamento aos asistentes dos concertos.

 

O servizo especial fará un total de 22 paradas, e pasará polo barrio de Caranza.

 

Os menores de 21 anos poderán viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova e o resto de usuarios do transporte público da Xunta poden beneficiarse dos descontos da tarxeta TMG.

 

A Xunta, coa posta en marcha destes servizos especiais, quere facilitar mellores alternativas de viaxe en transporte público, de xeito que se reduzan os riscos da condución nocturna despois de xornadas de lecer, e se aminore o impacto medioambiental e sobre o tráfico.