Un total de 29 ANPAS de Educación especial benefícianse das axudas anuais da Xunta para as súas actividades

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destina máis de 60.000€ para financiar actividades, gastos de material e mantemento de instalacións

 

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2022   A Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución da convocatoria de axudas para confederacións, federacións e asociacións de nais e pais de alumnado de centros de Educación Especial, a través da que 29 destas entidades recibirán subvencións para financiar a súa actividade.

 

O importe das axudas -cun orzamento total de 60.271€ por parte da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades- oscila entre os 901 e os 7.710 euros. O obxectivo destas axudas é contribuír ao desenvolvemento das actividades e a sufragar gastos derivados da xestión, administración, adquisición de material non inventariable e mantemento ordinario das instalacións.

 

Listado de beneficiarios

ENTIDADES BENEFICIARIAS
CONCELLO

CONFAPA (Confed. Galega ANPAS centros públi.)

A Coruña

CONFEDERACIÓN ANPAS galegas

Santiago de Compostela
CONGAPA
Ourense

FEDERACIÓN provincial ANPAS centros públicos-Fapa Coruña

A Coruña

FEDERACIÓN centros públicos “A Costa da Morte”

Carballo

FAPACEL Federación provincial ANPAS centros públicos

Lugo
FAPA Lugo
Lugo

FEDERACIÓN provincial ANPAS centros públicos “As Burgas”

Ourense

FEDERACIÓN ANPAS Centro Privados e Concertados

Ourense
FEAPA Pontevedra
Vilagarcía de Arousa

FEDERACIÓN provincial ANPAS centros públicos-FANPA

Pontevedra

FEDERACIÓN centros públicos “Compostela”

Santiago de Compostela
FEDERACIÓN ANPAS Ferrol e Comarca
Ferrol

FEDERACIÓN de ANPAS do Val Miñor

Gondomar

FOANPAS Federacióbn ANPAS “Olívica”

Vigo

ANPA CEE Ntra.Sra. de Lourdes

A Coruña
ANPA CEE “Amicos”
Ribeira
ANPA “A Barcia”
Santiago de Compostela

ANPA Colegio Duques de Lugo

Santiago de Compostela
ANPA CEE “Santa María”
Lugo
ANPA CEE “Miño”
Ourense
ANPA CEE “O Pino”
Ourense

ANPA CEE “Joaquina Sobrino”

A Guarda

ANPA La Ilusión del Val Miñor

Nigrán

ANPA CEE Santísimo Cristo del Amor ACEESCA

O Porriño
ANPA CEE “Juan XIII”
Pontevedra
ANPA CEE “A Menela”
Vigo

ANPA CEE “Saladino Cortizo”

Vigo
ANPA CEE “Os Mecos”
Vilagarcía de Arousa
     

Imaxes relacionadas