Grupos internacionais e bandas galegas devolven a Vigo os grandes concertos da man do Festival Latitudes e o Xacobeo 21-22

Os vigueses Zålomon Grass, o dúo galego Bala, os suecos Mando Diao e os irlandeses Two Door Cinema Club foron os encargados de abrir o evento este venres no peirao de Transatlánticos
 

A lenda estadounidense Iggy Pop e os británicos The Vaccines saltarán este sábado ao escenario do porto tras a actuación dos locais Aphonnic e os pontevedreses Furious Monkey House
 

C. Tangana actuará no mesmo escenario o vindeiro 23 de agosto e catro días despois será a quenda de Quevedo e Ajax e Prok no Festival de Música Urbana
 

O Xacobeo 21-22 trae á cidade preto de vinte concertos en Vigo desde hoxe ata o vindeiro 18 de setembro

Vigo, 19 de agosto de 2022

O Festival Latitudes devolveu este venres a Vigo os grandes concertos co apoio do Xacobeo 21-22. O evento ofreceu unha primeira xornada na que os vigueses Zålomon Grass, o dúo galego Bala, os suecos Mando Diao e os irlandeses Two Door Cinema Club foron os encargados de abrir o evento no peirao de Transatlánticos

 

Latitudes arriba a Vigo cun cartel que inclúe algúns dos principais referentes da música rock do panorama internacional e converte durante dous días o porto de Vigo nunha nova parada obrigatoria do Camiño de Santiago. A lenda estadounidense Iggy Pop e os británicos The Vaccines saltarán este sábado ao escenario do porto tras a actuación dos locais Aphonnic e os pontevedreses Furious Monkey House.

 

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, destacou o oferta do festival e cualificou a programación musical do Xacobeo como a mellor oferta de toda Galicia. “A Xunta traerá a Vigo este verano, sen ningún lugar a dúbidas, a mellor oferta musical de toda Galicia”, sinalou.

 

Fernández-Tapias lembrou que no mesmo escenario de Latitudes actuará o vindeiro martes, 23 de agosto, o artista C. Tangana e o sábado 27 de agosto será a quenda do Festival de Música Urbana con Quevedo e Ajax e Prok. Ademais, indicou que a programación musical do Xacobeo ofrece en total case que unha vintena de concertos desde este venres ata o vindeiro mes de setembro, entre os que destacou tamén o dos británicos Muse (8 de setembro) no Estadio de Balaídos.

 

Calendario musical do Xacobeo en Vigo

Xacobeo Importa:


17 de xuño: Pat Metheny – Auditorio Mar de Vigo
26 de xuño: Marisa Monte – Afundación
7 de xullo: Agnes Obel – Afundación
10 de xullo: Leon Bridges – Auditorio Mar de Vigo

 
Rufus Wainwright: 2 de xullo (Afundación)
 

Ciclo Xacobeo Vigo (Auditorio Mar de Vigo):


6 de xullo: Fat Freddy’s Drop
17 de xullo: Steve Vai
22 de xullo: Yann Tiersen
9 de agosto: Texas

26 de agosto: Cimafunk

18 de setembro: Mayumaná

 
Festival Latitudes: (Porto de Vigo)
 

19 de agosto: Two Door Cinema Club, Mando Diao, Bala e Zalomon Grass

20 de agosto: Iggy Pop, The Vaccines, Aphonic, Furious Monkey House, Sylvia Supertar DJ 

 
C. Tangana: 23 de agosto (Porto de Vigo)
 

Festival Música Urbana: 27 de agosto (Porto de Vigo)


Ayax y Prok
Quevedo
Califato
Sila Lúa
Safree

 
Muse: 8 de setembro en Balaídos
 

Fito & Fitipaldis: 28 de outubro no Auditorio Mar de Vigo

Imaxes relacionadas