Controlado o incendio forestal rexistrado no concello lugués de Pantón, parroquia de Frontón

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie que rolda as 25 hectáreas

 

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2022.-

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume rexistrado no concello lugués de Pantón, parroquia de Frontón, quedou controlado ás 11,20 h. de hoxe.

 

O lume -que se iniciou o pasado luns ás 22,39 h. da noite en varios focos- afecta unha superficie dunhas 25 hectáreas, segundo as últimas estimacións. No lugar levan traballado para o seu control un total de 2 técnicos, 16 axentes, 60 brigadas, 29 motobombas, 2 pas e 7 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural