O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na presentación do XXXVI Rally Pazo Tizón-Comarca do Carballiño

Ourense, 17 de agosto de 2022.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá, na presentación do XXXVI Rally Pazo Tizón- Comarca do Carballiño, que se desenvolverá o 19 é 20 de Agosto e percorrerá 8 Concellos da Provincia de Ourense; O Carballiño, Boborás, Leiro, Piñor, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside e Amoeiro.

O XXXVI Rally Pazo Tizón- Comarca do Carballiño terá unha participación de 117 pilotos e contará para o Campionato Galego.

Imaxes relacionadas