A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou os rapaces que forman parte desta iniciativa, integrada na maior campaña de verán da histo-ria do Goberno galego

A Xunta potencia a práctica deportiva e o contacto coa natureza entre os máis novos co campamento ‘Multiaventura nos Chacotes’

Os preto de 60 participantes, de entre 12 e 14 anos, desenvolven en Palas de Rei dis-tintas actividades vencelladas ao deporte como bicicleta de montaña, escalada ou tría-tlon

Trátase dunha das catro quendas da actividade este verán, que comezou o pasado ven-res e rematará este domingo

Palas de Rei (Lugo), 17 de agosto de 2022

A Xunta de Galicia potencia a práctica de distintos deportes e o contacto coa natureza co campamento Multiaventura nos Chacotes, que se desenvolve este verán na localidade lucense de Palas de Rei. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, coñeceu esta mañá aos preto de 60 mozas e mozos que desde o pasado venres desfrutan desta experiencia.

 

Durante a súa estadía, estes mozos, de entre 12 e 14 anos, gozan da natureza e da actividade física a través de deportes como bicicleta de montaña, escalada, tiro con arco, cinta de equilibrio, tríatlon, piscina ou caiac. Ademais, aproveitan para visitar lugares próximos como Vilar de Donas ou o Castelo de Pambre. Esta quenda, que se despedirá dos Chacotes o domingo, é unha das catro do campamento este ano.

 

No seu encontro cos participantes, Cristina Pichel puxo en valor a actividade física a través do deporte para manter unha vida sa sen perder de vista o lecer. Neste sentido, destacou que este campamento, ademais de representar unha importante alternativa de conciliación para as familias, promove hábitos de vida saudables entre a mocidade e favorece que coñezan novos amigos que comparten as mesmas afeccións.

 

O verán que queres contar

Esta actividade enmárcase na campaña de verán da Xunta de Galicia. Baixo o lema O verán que queres contar preséntase unha oferta total de máis de 10.800 prazas, a maior de toda a historia, que inclúe campamentos, campos de voluntariado, minicampamentos Coñece Galicia en establecementos turísticos e prazas para a organización de actividades por parte de entidades sociais.

Imaxes relacionadas