A Xunta ofrece servizos especiais de autobús os días 19, 20 e 21 de agosto, durante a celebración do festival Nachiños Fest en Ferrol

Os días 19 e 20 habilitaranse dous autobuses desde Praza Galicia ata A Pedreira ás 18:30h e ás 19:30h para facilitar o acceso ao festival

O día 20 haberá un servizo adicional ás 13:00h ata A Pedreira.

Para o regreso de madrugada, os días 20 e 21 haberá liñas de volta ás 3:30h e ás 4:30 ata Praza Galicia

Os menores de 21 anos poderán empregar a tarxeta Xente Nova para viaxar gratis, e os demais usuarios dos autobuses públicos da Xunta terán descontos coa tarxeta de transporte metropolitano

A Xunta quere facilitar mellores alternativas de viaxe en transporte público para reducir os riscos da condución nocturna e que se aminore o impacto medioambiental e sobre o tráfico

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2022

A Xunta ofrecerá servizos especiais de autobús os días 19, 20 e 21 de agosto, con motivo da celebración do festival Nachiños Fest en Ferrol.

 

Os días 19 e 20 habilitaranse dous autobuses desde Praza Galicia ata A Pedreira ás 18:30h e ás 19:30h para facilitar o acceso ao festival. Adicionalmente, o día 20 haberá un servizo ás 13:00h ata A Pedreira.

 

Para o regreso de madrugada, os días 20 e 21 haberá liñas de volta ás 3:30h e ás 4:30 ata Praza Galicia.

 

Os menores de 21 anos poderán viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova e o resto de usuarios do transporte público da Xunta poden beneficiarse dos descontos da tarxeta TMG.

 

A Xunta, coa posta en marcha destes servizos especiais, quere facilitar mellores alternativas de viaxe en transporte público, de xeito que se reduzan os riscos da condución nocturna despois de xornadas de lecer, e se aminore o impacto medioambiental e sobre o tráfico.