Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,45 h. de hoxe
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 13,45 h. de hoxe.
PROVINCIA | CONCELLO | PARROQUIA DE INICIO | SITUACIÓN (1) | MEDIOS (2) | SUPERFICIE (HA) (3) | OBSERVS. |
LUGO | Pantón | Frontón | ACT | 2 TE, 8 AX, 28 BR, 16 MB, 2 PA e 7 HE | 25 | Evoluciona favorablemente cara a súa estabilización. |
Ribas de Sil | Torbeo | CONT (ás 11,26 h. desta mañá) | 30 AX, 54 BR, 29 MB, 2 PA, 4 AV e 11 HE | 40 | ||
OURENSE | Laza | Camba | EST | 2 TEC, 71 AX, 150 BR, 70 MB, 4 PA, 3 UTA, 1 TR, 12 AV e 14 HE | 2.100 estimadas | O lume de Laza e de Chandrexa de Queixa, parroquia de Queixa, uníronse nun só incendio. |
Oímbra | As Chás | EST | 15 AX, 27 BR, 19 MB,1 PA, 8 AV e 7 HE | 70 | ||
Riós | Fumaces e a Trepa | CONT (ás 13,29 h. deste mediodía) | 22 AX, 35 BR, 25 MB, 2 PA, 9 AV e 8 HE | 103 | ||
Castrelo do Val | Campobecerros | EXT (ás 11,30 h. desta mañá) | 7 AX, 15 BR, 14 MB, 3 PA, 2 AV e 1 HE | 173,19 (78,95 ha arboradas e 94,24 ha de monte raso) | Iniciouse en varios focos, o que todo apunta a que foi intencionado. |
(1) SITUACIÓN: ACT: activo; EST: estabilizado; CONT: controlado; EXT: extinguido; SIT 2: Situación 2.
(2) MEDIOS MOBILIZADOS (acumulado): TEC: técnicos; AX: axentes; BR: brigadas; MB: motobombas; PA: pas; TR: tractores; AV: avións; HE: helicópteros; UTA: Unidade Técnica de Apoio; UME: Unidade Militar de Emerxencias.
(3) SUPERFICIE: As estimacións son sempre PROVISIONAIS, ata que se realice a medición da superficie final afectada.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.