A Xunta destaca a calidade do comercio de Ribeira e o seu papel na dinamización económica da vila

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou esta mañá a feira Viamare Stock, organizada polo Centro Comercial Aberto Viamare co apoio da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

Ribeira (A Coruña), 12 de agosto de 2022

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou esta mañá en Ribeira no acto de inauguración da XVII feira de oportunidades Viamare Stock, que se desenvolve durante esta fin de semana no Malecón ribeirense, organizada polo Centro Comercial Aberto Viamare co apoio da Xunta de Galicia.

 

Durante a súa visita, o director xeral destacou a calidade e variedade do comercio de Ribeira e a importancia dos establecementos de proximidade na dinamización económica e social das vilas e cidades galegas.

 

Do mesmo xeito, resaltou o papel que desenvolven no impulso ao sector os centros comerciais abertos e as federacións de comerciantes, cos que a a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación mantén unha liña constante de colaboración. Neste sentido, recentemente pechouse o prazo de presentación de solicitudes dos programas por 2,75 millóns de euros cos que a Xunta respalda o labor destas asociacións.

 

Na Feira de oportunidades Viamare Stock participan este ano 23 comercios de Ribeira, de moda, moda infantil, calzado, calzado infantil, artículos de deporte, complementos, óptica, vidrieras e decoración.

Imaxes relacionadas