A Xunta e a Asociación de Guías de Turismo renovan a colaboración para fomentar a profesionalización e a comercialización de productos turísticos

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe nunha das actividades incluídas no acordo

Mediante este convenio, dotado de 50.000 €, desenvolveranse accións para crear produtos relacionados cos sostibilidade, a economía circular, as peculiaridades locais, a natureza e a arte

A Coruña, 10 de agosto de 2022

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe, xunto ao delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, na Ruta das heroínas da Coruña, unha das actividades dos proxectos gañadores incluídos no acordo de colaboración que desenvolverán a Xunta de Galicia e a Asociación de Guías de Turismo de Galicia para o fomento da profesionalización neste sector e o deseño e comercialización de novos produtos turísticos que poidan complementar os que xa existen.

Este convenio, asinado no ano 2021 e cunha dotación inicial de 170.000 euros, vai ter continuidade ao longo do ano 2022 cunha achega por parte de Turismo de Galicia de 50.000 euros, mantendo os seus eixos de acción e adaptando a formación ás novas tendencias do mercado turístico no eido da inclusividade e a sostibilidade.

Así pois, grazas a este acordo, búscase a reactivación e o incentivo da actividade dos guías de turismo en Galicia e a difusión da oferta turística galega, a través de dous eixos fundamentais: a creación de produto nos camiños de Santiago e outras contornas e a profesionalización e adaptación á axenda 2030.

Mediante esta iniciativa, Turismo de Galicia busca apoiar as ideas e produtos apostando polo atractivo de novos destinos, a creación de novas empresas, preferentemente en lugares menos frecuentados, e apoiar a un colectivo profesional prexudicado na recente crise sanitaria.

A titular de Turismo de Galicia destacou a importancia do apoio a este sector, xa que, manifestou,  “pon en valor as historias e os costumes gracias as cales hoxe somos un dos destinos máis demandamos tanto nacional como internacionalmente dun xeito distinto e da man dos mellores embaixadores: O guía de turismo de Galicia”.

 

Polo que respecta aos produtos turísticos que se desenvolven arredor deste acordo para o ano 2022, están, ademais de Heroínas da Coruña, os Tours mercados de Galicia, Camiño dos sabores en Valdeorras, Camiñando por Cabreiroá, Camiño das cunchas, Visitas peludas, Visitas teatralizadas en Santiago, Goza do Camiño en Caldas de Reis e Goza do Camiño da ría de Vigo.

Imaxes relacionadas