A Xunta inicia as obras de reforzo do firme na AC-543, ao seu paso polos concellos de Lousame e de Noia

A intervención supón un investimento autonómico de máis de 48.000€ e lévase a cabo ao longo de 5 km de lonxitude, entre os puntos quilométricos 26 e 31 desta estrada

Os traballos centraranse no mantemento da capa de rodaxe da vía, mediante fresado e reposicións

O departamento que dirixe Ethel Vázquez continúa traballando na mellora e conservación da rede viaria autonómica para proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas seguras e eficientes

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2022

A Xunta vén de iniciar as obras de reforzo do firme na AC-543, ao seu paso polos concellos de Lousame e de Noia, e que supoñen un investimento autonómico de máis de 48.000 euros. 

 

Concretamente, a intervención lévase a cabo ao longo de 5 km de lonxitude da estrada, no tramo que vai do puntos quilométrico 26 ao 31 da citada estrada autonómica.

 

Aínda que o tráfico principal interurbano que antes soportaba a AC-543 entre Santiago e Noia agora transcorre pola vía de alta capacidade de Brión – Noia, a capa de rodaxe da vía necesita certas reparacións para asegurar o seu mantemento nunhas condicións axeitadas.

 

Os traballo céntranse no fresado e reposición de 5 cm da capa de rodaxe do firme existente nos puntos máis deteriorados do ámbito de actuación, que se desenvolverán no ancho completo do carril.

 

O departamento que dirixe Ethel Vázquez continúa traballando na mellora e conservación da rede viaria autonómica para proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas seguras e eficientes.

Imaxes relacionadas