Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 8,00 h. de hoxe
Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2022 A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 8,00 h. de hoxe.
PROVINCIA | CONCELLO | PARROQUIA DE INICIO | SITUACIÓN (1) | MEDIOS (2) | SUPERFICIE (HA) (3) | OBSERVS. |
A CORUÑA | Boiro | Cures | EST | 10 TEC, 90 AX, 159 BR, 85 MB, 10 PA, 4 UTA, 15 AV e 12 HE | 2.200 | |
OURENSE | Verín | Verín | CONT | 9 TEC, 51 AX, 101 BR, 51 MB, 4 PA, 1 TR, 1 UTA, 12 AV e 12 HE | 600 | Iniciouse en máis dunha decena de focos diferentes. |
PONTEVEDRA | Ponte Caldelas | Xustáns | CONT | 5 TEC, 28 AX, 71 BR, 45 MB, 5 PA, 1 UTA, 8 AV e 10 HE | 380 | |
Caldas de Reis | Saiar | CONT | 6 TEC, 18 AX, 57 BR, 46 MB, 5 PA, 2 UTA, 7 AV e 11 HE | 450 |
(1) SITUACIÓN: ACT: activo; EST: estabilizado; CONT: controlado; EXT: extinguido; SIT 2: Situación 2.
(2) MEDIOS MOBILIZADOS (acumulado): TEC: técnicos; AX: axentes; BR: brigadas; MB: motobombas; PA: pas; TR: tractores; AV: avións; HE: helicópteros; UTA: Unidade Técnica de Apoio; UME: Unidade Militar de Emerxencias.
(3) SUPERFICIE: As estimacións son sempre PROVISIONAIS, ata que se realice a medición da superficie final afectada.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.