O delegado territorial presentou hoxe a actuación do grupo madrileño

Hombres G actuarán en Lugo o 15 de agosto no marco dos concertos do Xacobeo da Xunta

Lugo, 08 de agosto de 2022 O programa de Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia traerá a Lugo o vindeiro luns, 15 de agosto, ao grupo madrileño de pop de los 80 Hombres G, que están de xira por todo o país, con concertos que combinan as súas cancións máis emblemáticas coas dos seus últimos traballos discográficos.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, presentou hoxe esta actuación, que terá lugar na explanada do auditorio Gustavo Freire, a partir das 22.00 horas. Arias lembrou que a Xunta programou máis de 100 eventos musicais diferentes para todos os públicos en medio cento de localidades galegas ata o mes de novembro, para celebrar un Ano Santo extraordinario.

Javier Arias explicou que este ano recóbranse as grandes celebracións culturais que sempre identificaron o Xacobeo, porque o Camiño é desde os seus inicios unha vía importante de desenvolvemento cultural e foi un dos piares fundamentais da construción cultural europea”.
 

Ademais, o delegado territorial salientou como estes concertos supoñen “un enorme revulsivo para todos os profesionais da cultura e, por extensión do conxunto da economía galega, xa que estamos vendo que este Ano Santo é un verdadeiro dinamizador e un multiplicador tanto da actividade como do consumo cultural, nun momento económico complexo”.

 

Os puntos de venda para obter as entradas desta actuación serán en Ataquilla.com e en esmerarte.com a un prezo de 12 euros. O resto de concertos poden consultarse na páxina web www.concertosdoxacobeo.gal.   

Imaxes relacionadas