O Goberno galego destina ata o ano 2024 un orzamento de 13,5 M€ a incentivos para a transformación de vehículos de transporte de viaxeiros e de mercadorías

A Xunta concedeu xa máis do 66% das axudas previstas para o achatarramento de vehículos de transporte por estrada

A Consellería de Infraestrutura e Mobilidade recibiu, desde a apertura do prazo en abril e ata mediados de xullo, 526 solicitudes para o achatarramento de vehículos

O Goberno galego tamén atendeu solicitudes de axuda por importe de 2,34 M€ destinadas á adquisición de 20 vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono

Os incentivos están dirixidos ao achatarramento, á adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono ou ás infraestruturas de recarga eléctrica

O obxectivo é favorecer a xeración de emprego indirecto en fabricación de vehículos e incidir na diminución de emisións de gases de efecto invernadoiro

O prazo de presentación de solicitudes estará vixente ata o 30 de abril de 2024, excepto o das axudas para infraestruturas de recarga, que rematará a finais deste ano
 

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2022 A Xunta xa concedeu máis do 66% das axudas previstas para o achatarramento de vehículos de transporte por estrada.

A Consellería de Infraestrutura e Mobilidade recibiu desde a apertura do prazo de presentación de solicitudes de axudas, en abril, e ata mediados de xullo, un total de 526 solicitudes para actividade de achatarramento de vehículos.

O Goberno galego tamén atendeu solicitudes de axuda por importe de 2,34 millóns de euros destinadas á adquisición de 20 vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono, supoñendo o 42,7% do total do orzamento inicial asignado para a dita actividade.

Cómpre lembrar que a Xunta destina ata o ano 2024 un orzamento de 13,5 M€ a incentivos para a transformación de vehículos de transporte de viaxeiros e de mercadorías.

O prazo de presentación de solicitudes estará vixente ata o 30 de abril de 2024, excepto o das axudas para infraestruturas de recarga, que rematará o 31 de decembro de 2023. No seguinte enlace pode consultarse toda a información: https://bit.ly/3tV8vS2

Estas medidas encádranse no Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-Next Generation EU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

As axudas van destinadas ao achatarramento de vehículos, á adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono, ao retrofit ou modificación da forma de propulsión de vehículos, á implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos e á adquisición de semirremolques para autoestradas ferroviarias.

O obxectivo é favorecer a xeración de emprego indirecto en fabricación de vehículo e incidir na diminución de emisións de gases de efecto invernadoiro.

Imaxes relacionadas