A Xunta activa como medida preventiva a situación 2 nun incendio forestal activo en Caldas de Reis, parroquia de Saiar

A situación operativa neste incendio decrétase pola proximidade do lume ao núcleo da Porteliña

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2022

A Consellería do Medio Rural vén de solicitar -como medida preventiva- a Situación 2 nun incendio forestal activo arestora no concello pontevedrés de Caldas de Reis, parroquia de Saiar. Esta situación operativa de emerxencia declárase pola proximidade do lume ao núcleo da Porteliña.

Este incendio iniciouse ás 19,25 h. desta tarde e permanece activo arestora. Ata o momento mobilizáronse para controlalo 1 técnico, 4 axentes, 17 brigadas, 12 motobombas, 2 pas, 4 avións e 4 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural