A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe
Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2022
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe.
PROVINCIA | CONCELLO | PARROQUIA DE INICIO | SITUACIÓN (1) | MEDIOS (2) | SUPERFICIE (HA) (3) | OBSERVS. |
OURENSE | Verín | Verín | ACT / SIT 2 | 5 TEC,15 AX, 28 BR,14 MB, 2 PA, 1 UTA, 10 AV, 11 HE e UME | 600 | Evoluciona favorablemente e os medios traballan na extinción dun flanco de moi difícil acceso. Non existe perigo para núcleos habitados. Mantense activada a Situación 2 como medida preventiva. Iniciouse en máis dunha decena de focos diferentes. |
A Mezquita | O Pereiro | ACT (desde as 17,41 h. de onte) | 2 TEC, 10 AX, 12 BR, 10 MB, 1 PA, 2 AV e 3 HE | 150 | Evoluciona favorablemente cara á súa estabilización, sen afectación a aldeas. | |
Maceda | Castro de Escuadro | ACT | 1 TEC, 13 AX, 37 BR, 19 MB, 3 PA, 3 AV e 7 HE | 150 | Evoluciona favorablemente cara á súa estabilización, sen afectación a aldeas. Iniciouse en tres focos diferentes e simultáneos. | |
Calvos de Randín | Lobás | EST (ás 00,46 h. de hoxe) | 3 AX, 10 BR, 6 MB, 1 PA e 2 AV | 50 | ||
PONTEVEDRA | Arbo | Barcela | ACT / SIT 2 | 1 TEC, 12 AX, 31 BR, 29 MB, 2 PA, 3 AV, 4 HE e UME | 70 | Este lume -que entrou desde Portugal- evoluciona favorablemente cara á súa estabilización, sen afectación a aldeas. Mantense activada a Situación 2 como medida preventiva por proximidade ao polígono industrial. |
Arbo | Mourentán | EST | 9 TEC, 30 AX, 96 BR, 65 MB, 5 PA, 1 TR, 2 UTA, 12 AV, 10 HE e UME | 400 | ||
Ponteareas | Padróns | CONT | 11 AX, 25 BR, 17 MB, 1 PA e 1 HE | 20 |
(1) SITUACIÓN: Activo: ACT /Estabilizado: EST /Controlado: CONT /Extinguido: EXT/ Situación 2: SIT2
(2) MEDIOS MOBILIZADOS (acumulado): Tec: técnicos; Ax: axentes; Br: Brigadas; Mb: Motobombas; PA: Pas; TR: Tractor; He: Helicópteros; Av: Avións; UME: Unidade Militar de Emerxencias; UTA: Unidade Técnica de Apoio
(3) SUPERFICIE: As estimacións son sempre PROVISIONAIS, ata que se realice a medición da superficie final afectada.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.