A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2022

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe.

 
PROVINCIA
CONCELLO
PARROQUIA DE INICIO
SITUACIÓN
(1)
MEDIOS
(2)
SUPERFICIE (HA)  (3)
OBSERVS.
OURENSE
Verín
Verín
ACT / SIT 2
(iniciouse ás 14,52 h. desta tarde)

2 TEC, 4 AX, 14 BR, 7 MB, 2 PA, 7 AV e 9 HE

Arredor de 260

Activada a Situación 2 como medida preventiva por proximidade a diversos núcleos de poboación.

 

Iniciouse en máis dunha decena de focos diferentes, polo que todo apunta á súa intencionalidade.

 
Maceda
 
Castro de Escuadro
ACT
  

1 TEC, 11 AX, 33 BR, 17 MB, 3 PA, 3 AV e 7 HE

 
150
 

Iniciouse en tres focos diferentes e simultáneos, polo que todo apunta á súa intencionalidade.

PONTEVEDRA
Arbo
Barcela
ACT / SIT 2
(iniciouse ás 15,40 h. desta tarde)

1 TEC, 5 AX, 14 BR, 13 MB, 2 PA, 3 AV e 4 HE

70

Activada a Situación 2 como medida preventiva por proximidade ao polígono industrial.

 

Solicitada, ademais, a intervención da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

 
Arbo
Mourentán
EST
 

9 TEC, 30 AX, 94 BR, 63 MB, 5 PA, 1 TR, 2 UTA, 12 AV, 10 HE e UME

 
400
 
Ponteareas
Padróns

CONT

 

11 AX, 24 BR, 16 MB, 1 PA e 1 HE

20
 
 

(1)       SITUACIÓN: Activo: ACT /Estabilizado: EST /Controlado: CONT /Extinguido: EXT/ Situación 2: SIT2

(2)      MEDIOS MOBILIZADOS (acumulado): Tec: técnicos; Ax: axentes; Br: Brigadas; Mb: Motobombas; PA: Pas; TR: Tractor; He: Helicópteros; Av: Avións; UME: Unidade Militar de Emerxencias; UTA: Unidade Técnica de Apoio

(3)      SUPERFICIE: As estimacións son sempre PROVISIONAIS, ata que se realice a medición da superficie final afectada.

 

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural