A Xunta pon en valor as carpintarías nos procesos de transformación e xeración dos produtos forestais

Jacobo Aboal salientou o apoio da Consellería do Medio Rural a empresas que están a traballar na mellora dos seus procesos produtivos
 

Nesa liña, lembrou que ata o día 8 deste mes de agosto está aberto o prazo de solicitude da convocatoria de axudas para a valorización e a segunda transformación das pequenas e medianas empresas da industria forestal galega e do contract
 

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2022 O director da Axencia Galega da Industria Forestal, dependente da Consellería de Medio Rural, Jacobo Aboal, visitou as instalacións da carpintaría Tabela en Lugo, onde coñeceu de primeira man as recentes melloras introducidas no seu proceso produtivo. Entre outras, o funcionamento do sistema de control numérico por computadora no mecanizado de portas.

 

Tras visitar o showroom da empresa, o director mencionou a Tabela como exemplo de peme xeradora de valor na industria forestal a través da dixitalización e automatización dos seus procesos. Por outra banda, subliñou que apostar pola industria forestal é apostar por unha industria sustentable e estratéxica para o medio rural e polo emprego, á vez que se coida e se fai máis produtivo o monte galego.

 

Cabe apuntar que a Consellería de Medio Rural, a través da Axencia Galega da Industria Forestal, destina dous millóns de euros para apoiar ás pequenas e medianas empresas nas actuacións vinculadas á transformación e valorización da madeira, a resina, a cortiza ou outros produtos de orixe forestal non alimentarios. Prevese que máis dunha vintena de empresas poidan beneficiarse desta convocatoria accedendo a unha axuda do 50% do investimento realizado ata un máximo de 200.000 euros, xerando un investimento inducido de 5 millón de euros.

 

Nesa liña, Jacobo Aboal lembrou que ata o día 8 deste mes de agosto está aberto o prazo de solicitude da convocatoria de axudas para a valorización e a segunda transformación das pequenas e medianas empresas da industria forestal galega e do contract.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Medio Rural