Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 08,30 h. de hoxe

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2022

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 08,30 h. de hoxe.

 
PROVINCIA
CONCELLO
PARROQUIA DE INICIO
SITUACIÓN
(1)
MEDIOS
(2)
SUPERFICIE (HA)  (3)
OBSERVS.
OURENSE
Maceda
 
Castro de Escuardo
ACT
(dende as 20,52 h. de onte)
 

1 TEC, 8 AX, 26 BR, 12 MB, 3 PA, 2 AV, 3 HE

Arredor de 100
 

Iniciouse en tres focos diferentes e simultáneos, polo que todo apunta á súa intencionalidade.

PONTEVEDRA
Arbo
Mourentán
EST
(dende as 21,30 h. de onte)
 

9 TEC, 29 AX, 90 BR, 59 MB, 5 PA, 2 UTA, 12 AV, 10 HE e UME

400

Está perimetrado e atópase sen chama. Arestora estanse refrescando puntos quentes e mantense estabilizado.

 
Ponteareas
Padróns

CONT

 

11 AX, 23 BR, 16 MB, 1 PA e 1 HE

20
 
 
A Cañiza
Oroso
EXT
(dende as 20,01 h. de onte)
 

1 TEC, 15 AX, 26 BR, 13 MB, 2 PA, 9 AV e 5 HE

29,5

(18 arboradas e 11,5 rasas)

 
 

(1)       SITUACIÓN: Activo: ACT /Estabilizado: EST /Controlado: CONT /Extinguido: EXT/ Situación 2: SIT2

(2)      MEDIOS MOBILIZADOS (acumulado): Tec: técnicos; Ax: axentes; Br: Brigadas; Mb: Motobombas; PA: Pas; He: Helicópteros; Av: Avións; UME: Unidade Militar de Emerxencias; UTA: Unidade Técnica de Apoio

(3)      SUPERFICIE: As estimacións son sempre PROVISIONAIS, ata que se realice a medición da superficie final afectada.

 

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural