A Xunta presenta o concerto de Los Brincos que se celebrará en Vilanova de Arousa dentro da programación dos concertos do Xacobeo

O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde, Gonzalo Durán e o tenente alcalde, Javier Tourís, presentaron esta mañá o concerto de Los Brincos que terá lugar o día 20 de agosto no marco dos Concertos do Xacobeo

Dende comezo en maio fóronse sumando novas incorporacións que acadan xa máis de 350 artistas en máis de 50 localidades galegas
 

Vilanova de Arousa, 1 de agosto de 2022

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado do alcalde, Gonzalo Durán e o tenente alcalde, Javier Tourís, participou hoxe na presentación do concerto de Los Brincos que terá lugar o día 20 de agosto na localidade vilanovesa no marco dos Concertos do Xacobeo.

 

Segundo explicou o delegado territorial, esta iniciativa da Xunta de Galicia está a ser todo un éxito e os Concertos do Xacobeo, que deron comezo en maio, suman xa máis de 350 artistas en máis de 50 localidades galegas.

 

Luis López valorou a distribución dos diferentes espectáculos culturais, artísticos e deportivos programados nas diferentes vilas e cidades da nosa comunidade, o que posibilita que todas as comarcas de Galicia poidan achegarse a esta celebración e beneficiarse das distintas propostas.

 

“Gracias a iniciativas coma estas, nas que xeramos sinerxías con outras administracións, conseguimos a presenza de artistas de renome noso territorio, e con isto promovémolo turística e culturalmente”, manifestou o delegado da Xunta en Pontevedra.

 

Os Concertos do Xacobeo manteñen unha programación de música en vivo, con máis de 100 acontecementos por toda Galicia entre os meses de maio e novembro deste ano, e é unha iniciativa máis da Xunta de Galicia dentro das actividades do Xacobeo. Neste programa de concertos participan máis de 350 bandas e artistas nacionais e internacionais de todos os estilos, para todas as idades e para todos os gustos.

 

Los Brincos chegarán á Praza do Mercado de Vilanova de Arousa o sábado día 20 de agosto, ás 21.30 horas, e con entrada de balde. Os asistentes poderán gozar de 5 de´cadas de historia e e´xitos: "Lola", "Un sorbito de Champagne", "Nadie te quiere ya", "Flamenco", "Sola" entre outros moitos éxitos desta banda española.

Imaxes relacionadas