A Xunta adxudica por máis de 2,1 M€ as obras de mellora do firme en 6 estradas autonómicas da provincia da Coruña

As obras comezarán a finais de mes e teñen un prazo de execución de seis meses
 

Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas AC-174, AC-214, AC-230, AC-400, AC-415 e AC-524, en Oleiros, Cambre, Aranga, Curtis, Cerceda, Frades e Mesía
 

Realizaranse fresados e reposicións con mestura bituminosa en quente, ademais da renovación da sinalización horizontal
 

A Xunta continúa traballando na mellora da rede viaria autonómica co fin de proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas cómodas e seguras
 

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2022

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou por máis de 2,1 M€ as obras de mellora do firme en 6 estradas autonómicas da provincia da Coruña.

 

A intervención, adxudicada á empresa Construcciones Leonardo Miguélez, S. L., iniciarase a finais deste mes de agosto e terá un prazo de execución de seis meses. O contrato asinarase nos vindeiros días.

 

As actuacións que se van levar a cabo consisten na rehabilitación do firme en varios treitos das estradas AC-174, AC-214, AC-230, AC-400, AC-415 e AC-524, que discorren polos concellos de Oleiros, Cambre, Aranga, Curtis, Cerceda, Frades e Mesía.

 

Realizaranse fresados localizados nos treitos de actuación e reposicións con mestura bituminosa en quente, ademais da renovación da sinalización horizontal.

 

A Xunta continúa traballando na mellora da rede viaria autonómica co fin de proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas cómodas e seguras.