A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe
Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2022 A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe.
PROVINCIA | CONCELLO | PARROQUIA DE INICIO | SITUACIÓN (1) | MEDIOS (2) | SUPERFICIE (HA) (3) | OBSERVS. |
OURENSE | Castrelo de Miño | Barral | CONT
| 2 TEC, 39 AX, 76 BR, 52 MB, 4 PA, 8 AV, 11 HE e 1 UTA | 200 | |
PONTEVEDRA | Arbo | Mourentán | ACT/ SIT 2 | 7 TEC, 16 AX, 53 BR, 33 MB, 5 PA, 2 UTA, 10 AV, 9 HE e UME | 350 | Decretada a Situación 2 como medida preventiva pola proximidade do lume ao núcleo das Searas. |
A Cañiza | Oroso | ACT /SIT 2 | 1 TEC, 6 AX, 9 BR, 7 MB, 2 PA, 9 AV e 4 HE | 25 | Decretada a Situación 2 como medida preventiva pola proximidade do lume ao polígono industrial. | |
Ponteareas | Padróns | EST (ás 10,14 h. desta mañá) | 6 AX, 12 BR, 9 MB, 1 PA e 1 HE | Arredor de 20 |
(1) SITUACIÓN: Activo: ACT /Estabilizado: EST /Controlado: CONT /Extinguido: EXT/ Situación 2: SIT2
(2) MEDIOS MOBILIZADOS (acumulado): Tec: técnicos; Ax: axentes; Br: Brigadas; Mb: Motobombas; PA: Pas; He: Helicópteros; Av: Avións; UME: Unidade Militar de Emerxencias; UTA: Unidade Técnica de Apoio
(3) SUPERFICIE: As estimacións son sempre PROVISIONAIS, ata que se realice a medición da superficie final afectada.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.