A Xunta solicita a declaración como medida preventiva da situación 2 nun incendio forestal activo en Arbo, parroquia de Mourentán

A situación operativa neste incendio -que rolda as 11 hectáreas provisionais- decrétase pola proximidade do lume ao núcleo das Searas

 Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2022 A Consellería do Medio Rural vén de solicitar a declaración como medida preventiva a Situación 2 nun incendio forestal activo arestora no concello pontevedrés de Arbo, parroquia de Mourentán. Esta situación operativa de emerxencia declárase pola proximidade do lume ao núcleo das Searas.

Este incendio iniciouse ás 03,17 h. desta madrugada11 e rolda as 11 hectáreas de superficie afectada provisional. Ata o momento mobilizáronse para controlalo 2 axentes, 12 brigadas, 10 motobombas, 1 pa, 2 avións e 3 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural