A Xunta participa na presentación do concerto de James Blunt que terá lugar este luns en María Pita no marco dos Concertos do Xacobeo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na presentación, xunto o concelleiro de Relacións Institucionais, Turismo e Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego e a produtora de Sweet Nocturna, Raquel Seijo, do concerto de James Blunt na cidade herculina

Os Concertos do Xacobeo deron comezo en maio e fóronse sumando novas incorporacións ata acadar xa máis de 350 artistas en máis de 50 localidades galegas

A Coruña, 29 de xullo de 2022.- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na presentación, xunto o concelleiro de Relacións Institucionais, Turismo e Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego e a produtora de Sweet Nocturna, Raquel Seijo, do concerto de James Blunt que terá lugar na praza de María Pita este luns, no marco dos Concertos do Xacobeo.

Segundo indicou Nava Castro, con esta presentación seguimos avanzando na presentación dos Concertos do Xacobeo. “Dicimoslle a España e ao mundo, que Galicia, a nosa terra, está preparada para o turismo, e para ser un referente tanto en concertos como en festivais. E a Xunta está presente, entre os meses de xullo e agosto, nos principais concertos e festivais que se celebrarán nesta cidade” lembrou a diretora xeral de Turismo de Galicia.

 

Nava Castro fixo especial fincapé na distribución dos diferentes espectáculos culturais, artísticos e deportivos programados nas diferentes vilas e cidades de Galicia, o que posibilita que todas as comarcas de Galicia poidan achegarse a esta celebración e beneficiarse das distintas propostas.

“Gracias a iniciativas coma estas, nas que xeramos sinerxías con outras administracións, conseguimos a presenza de artistas de renome noso territorio, e con isto promovémolo turística e culturalmente”, manifestou a directora de Turismo de Galicia,

 Os Concertos do Xacobeo é unha iniciativa da Xunta dentro das actividades do Xacobeo, que entre os meses de maio e novembro deste ano, mantén unha programación de música en vivo con máis de 100 acontecementos por toda Galicia. Neste programa de concertos participan máis de 350 bandas e artistas nacionais e internacionais de todos os estilos, para todas as idades e para todos os gustos.

Imaxes relacionadas