A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,45 h. de hoxe

 

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2022 A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 19,45 h. de hoxe.

 
PROVINCIA
CONCELLO
PARROQUIA DE INICIO
SITUACIÓN
(1)
MEDIOS
(2)
SUPERFICIE (HA)  (3)
OBSERVS.
LUGO
O Saviñao
Rebordaos
CONT
 

7 AX, 21 BR, 10 MB, 1 PA, 5 AV e 6 HE

Arredor de 20

Iniciouse en cando menos 3 focos diferentes.

 
 
 
 
 
 
 
 
OURENSE

Carballeda de Valdeorras

Riodolas
EXT
(ás 19,12 h. de hoxe)

16 TEC, 118 AX, 254 BR, 103 MB, 5 PA, 12 AV, 13 HE e UME

10.500 ha estimadas

Afectou o Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra.

 
Castrelo de Miño
 
Barral
EST
(ás 19,34 h. de hoxe)

2 TEC, 24 AX, 53 BR, 34 MB, 4 PA, 8 AV, 11 HE e 1 UTA

200

Desactivada a Situación 2 ao non haber perigo para os núcleos de poboación.

 
 
Vilariño de Conso
Pradoalbar
CONT
(ás 14,50 h. de hoxe)

6 TEC, 94 AX, 186 BR, 80 MB, 7 PA, 9 AV e 15 HE

6.500

Afecta o Parque Natural do Invernadeiro.

 
 

(1)       SITUACIÓN: Activo: ACT /Estabilizado: EST /Controlado: CONT /Extinguido: EXT/ Situación 2: SIT2

(2)      MEDIOS MOBILIZADOS (acumulado): Tec: técnicos; Ax: axentes; Br: Brigadas; Mb: Motobombas; PA: Pas; He: Helicópteros; Av: Avións; UME: Unidade Militar de Emerxencias; UTA: Unidade Técnica de Apoio

(3)      SUPERFICIE: As estimacións son sempre PROVISIONAIS, ata que se realice a medición da superficie final afectada.

 

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural