A Xunta celebra a chegada da peregrina internacional 100.000 procedente dos Estados Unidos

A directora xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro, recibiu esta mañá a Hannah Barr, que chegou a través do Camiño Portugués
 

Nava Castro indicou a enorme reactivación que está a ter o Camiño, batendo xa récords prepandemia
 

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2021

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recibiu hoxe no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino a Hannah Barr, procedente dos Estados Unidos, e xunto o responsable da oficina de atención ao peregrino e arquiveiro canónico da Catedral, Francisco Buíme, lle entregou a Compostela que a acredita como peregrina internacional 100.000 deste 2022 logo de percorrer o Camiño Portugués dende Porto.

 

Nava Castro saudou a chegada do peregrina a Santiago e constatou a enorme recuperación do Camiño, xa que xa acadaron a Compostela máis de 208.000 peregrinos, tendo en conta que moitos fan o Camiño sen selar a credencial.

 

No que vai de ano recolleron a Compostela máis de 208.000 persoas, dos que o arredor do 45% son peregrinos internacionais procedentes de Estados Unidos, Alemaña, Portugal, Italia ou Francia

 

 “Tódolos Camiños, como é o caso do Portugués, están collendo un impulso importante e é unha moi boa nova chegar a esta cifra. Representades a moitos peregrinos que xa chegaron e a moitos que están por chegar. Benvidos a Galicia, moitas grazas por camiñar a Galicia “, indicou a directora xeral de Turismo.

 

Nava Castro fixo especial fincapé en que “podemos dicir con orgullo que estamos a ser a vangarda do que actualmente se demanda no eido turístico porque somos un modelo que fuxe das masificacións e que aposta por fórmulas tranquilas que combinan natureza e patrimonio”.

Imaxes relacionadas