A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu a presentación da Romaxe Viquinga do Vicedo, que se celebra o sábado

Lugo, 27 de xullode 2022

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación da Romaxe Viquinga do Vicedo, que se celebra o vindeiro sábado na praia de San Román. O delegado territorial, Javier Arias, acompañado do alcalde, Jesús Novo -entre outras persoas -, destacou “o gran valor dainiciativa para seguir sumando atractivos á oferta diferencial deste destino e continuar consolidando a tendencia positiva do turismo na localidade e no resto da Mariña”.

 

A festa arrinca ás 10.30 horas do sábado coa apertura do campamento e o inicio dos obradoiros. Continuará durante todo o día, con actividades entre as que destaca o desembarco viquingo seguido da batalla a partir das 12.30 horas. Ao longo daxornada haberá animación musical, comida campestre, títeres, xogos, contacontos, o enterramento viquingo -ás 22.30 horas- e a voda viquinga -á media noite -, entre outras actividades. Previamente, o venres 29, a xornalista Marta Darriba lerá o pregón na Casa da Cultura ás 20.30 horas. A continuación haberá un pasarrúas polo casco urbano.

Imaxes relacionadas