Viña Costeira recibe o certificado de Galicia Calidade

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe en Ribadavia a adega, acompañado polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, e pola xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez


No acto destacouse o crecemento continuo da compañía, asentado na súa tradición e innovación
 

 Ribadavia (Ourense), 27 de xullo de 2022 O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, acompañado polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, e pola xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, visitou esta mañá en Ribadavia a adega Viña Costeira para facerlle entrega do certificado de Galicia Calidade.

 

No acto destacouse o crecemento continuo de Viña Costeira, asentado na súa tradición e innovación, que lle ten permitido converterse nunha marca de referencia. O selo, con validez para os próximos tres anos, permitirá á empresa incluír o distintivo de Galicia Calidade nas etiquetaxes dos produtos certificados, así como nas diferentes accións para a súa promoción.

 

Galicia Calidade, dependente da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, conta na actualidade cun total de 19 adegas certificadas, que forman parte do conxunto de 148 empresas con máis de 750 produtos e servizos certificados co selo de garantía, que engloban os sectores agroalimentario, mar, turístico, xoieiro, industrial, xeotérmico e planta ornamental.

Imaxes relacionadas