A Xunta avalía con Conxemar vías de colaboración para elaborar un plan estratéxico para o conxelado

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantiveron unha xuntanza en Vigo cos representantes da Asociación Española de Maioristas, Importadores, Transformadores e Exportadores de Produtos da Pesca e Acuicultura para avanzar no impulso do sector

Vigo, 26 de xullo de 2022

vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantiveron hoxe un encontro co novo presidente da Asociación Española de Maioristas, Importadores, Transformadores e Exportadores de Produtos da Pesca e Acuicultura (Conxemar), Eloy García, e a nova directora xeral desta entidade, Yobana Bermúdez. Nel os representantes do Executivo galego comprometéronse a estudar vías de colaboración para a elaboración dun Plan Estratéxico do Conxelado. 

 

No encontro, no que tamén participou a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, os representantes autonómicos trasladáronlles aos responsables de Conxemar, que reúne a preto de 230 empresas do conxelado, o seu apoio para seguir colaborando no impulso deste sector estratéxico e a súa vontade de manter a coordinación entre a Xunta e a asociación, que organiza anualmente en Vigo a Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados, Conxemar.

Imaxes relacionadas