Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 8,30 h. de hoxe

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2022 A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 08,30 h. de hoxe.

 
PROVINCIA
CONCELLO
PARROQUIAS DE INICIO
SITUACIÓN
(1)
MEDIOS
(2)
SUPERFICIE (HA)  (3)
OBSERVS.
LUGO

Folgoso do Courel-A Pobra do Brollón

Vilamor e Seceda (Folgoso) e Saa (A Pobra)

EST (ás 20,43 h. de onte)

21 TEC, 278 AX, 461 BR, 224 MB, 13 PA, 1 UTA, 20 AV, 27 HE e UME

11.100

Xuntáronse cinco incendios, os dous de Vilamor e o de Seceda (no concello de Folgoso) e os dous de Saa (no da Pobra)

Quiroga
Outeiro
CONT

2 TEC, 29 AX, 26 BR, 24 MB, 2 PA, 4 AV e 4 HE

250
 
 
 
 
 
 
 
 
OURENSE
Vilariño de Conso
Pradoalbar
EST (ás 18,28 h. de onte)

6 TEC, 82 AX, 159 BR, 76 MB, 7 PA, 9 AV e 15 HE

6.500

Afecta o Parque Natural do Invernadeiro

Carballeda de Valdeorras

Riodolas
CONT (ás 20,25 h. de onte)

16 TEC, 109 AX, 223 BR, 95 MB, 5 PA, 12 AV, 13 HE e UME

10.500

Desactivada a Situación 2 Afecta o Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra.

Oímbra
Rabal
EXT (ás 22,43 de onte)

6 TEC, 34 AX, 94 BR, 61 MB, 3 PA, 8 AV e 5 HE

2.100

Este lume entrou dende Portugal

 

(1)       SITUACIÓN: Activo: ACT /Estabilizado: EST /Controlado: CONT /Extinguido: EXT/ Situación 2: SIT2

(2)      MEDIOS MOBILIZADOS (acumulado): Tec: técnicos; Ax: axentes; Br: Brigadas; Mb: Motobombas; PA: Pas; He: Helicópteros; Av: Avións; UME: Unidade Militar de Emerxencias; UTA: Unidade Técnica de Apoio

(3)      SUPERFICIE: As estimacións son sempre PROVISIONAIS, ata que se realice a medición da superficie final afectada.

 

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural