Galicia Calidade destaca en Bergondo a aposta pola innovación e excelencia da empresa certificada Terxy

A xerente do organismo, Ana Méndez, mantivo un encontro cos responsables da compañía para coñecer as súas inquedanzas e propostas

Bergondo (A Coruña), 24 de xullo de 2022

A xerente de  Galicia Calidade, organismo dependente da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, Ana Méndez, mantivo un encontro cos responsables de Terxy, compañía que conta co selo de garantía autonómico, co fin de explicar as liñas de actuación para este ano e para recoller as súas opinións, suxestións e achegas.

 

Terxy é unha marca que leva case 40 anos fabricando produtos dedicados ao descanso para o consumidor final e da liña contract, desde o polígono coruñés de Bergondo. Esta empresa foi aumentando a súa posición como marca de calidade no mercado ao apostar por materias primas beneficiosas para a saúde, contando coas máximas certificacións que avalan os seus produtos.

 

Ana Méndez aproveitou esta xuntanza para destacar a aposta pola innovación e a excelencia en todo o proceso produtivo desta compañía e do conxunto das empresas certificadas que contan co selo de garantía, con máis de 750 produtos e servizos certificados de 148 empresas, que engloban os sectores agroalimentario, mar, turístico, xoieiro, industrial, xeotérmico e planta ornamental.

Imaxes relacionadas