Galicia pechou o mes de maio como a terceira comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

O período medio de pago de Galicia foi de 10,26 días, case doce días por debaixo da media autonómica

 Santiago de Compostela, 22 xullo de 2022

Galicia pechou o mes de maio como a terceira comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas, só por detrás de Murcia e Estremadura, segundo os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Hacienda y Función Pública.

 

Así, o período medio de pago rexistrado por Galicia foi de 10,26 días, case doce días inferior ao da media de comunidades autónomas, que foi de 21,92. Ademais, tamén se situou case 20 días por debaixo do límite de 30 que establece a normativa estatal.

  

En canto á débeda comercial, a ratio débeda/PIB de Galicia situouse no mes de maio no 0,12%, por debaixo da media autonómica, que foi do 0,25%. A débeda comercial do conxunto de comunidades era de 3.230,8 millóns de euros, dos que 79,9 millóns – o 2,47%- corresponden a Galicia.

 

Os datos publicados hoxe volven ratificar que a Comunidade Autónoma está entre as que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.

 
 

Período Medio de Pago – Maio de 2022 (*CCAA réxime foral)

Murcia
 3,57
 
Castilla y León
22,24
Extremadura
9,29
País Vasco*
23,50
Galicia
10,26
La Rioja
23,60
Andalucía
15,71
Baleares
24,04
Comunidad Valenciana
17,00
Madrid
24,47
Canarias
17,11
Navarra*
26,40
Cantabria
17,73
Cataluña
27,30
Castilla-La Mancha
17,92
Asturias
34,30

TOTAL CC.AA.

21,92
Aragón
36,92