Miranda trasladou aos representantes do CRE de Bos Aires o apoio social realizado pola Xunta a prol da colectividade galega en Arxentina así como o labor pioneiro no eido do retorno

O secretario xeral da Emigración mantivo unha reunión cos representantes do Consejo de Residentes Españoles da capital arxentina cos que tamén analizou outras cuestións de actualidade como a tramitación da nova lei electoral ou o compromiso de seguir a traballar pola modificación da lei da nacionalidade dos descendentes

Dende Emigración destacan que Arxentina segue a ser o país do mundo con maior número de galegos que optan por solicitar unha bolsa de excelencia Mocidade Exterior Beme para realizar un curso de máster en Galicia, con 302 solicitudes presentadas para el próximo curso, o que supón case o 57% do total
 

Bos Aires (Arxentina), 22 de xullo de 2022

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, acompañados do delegado da Xunta en Arxentina, Alejandro López Dobarro, mantiveron onte un encontro cos representantes do Consejo de Residentes Españoles de Bos Aires  

 

O responsable de Emigración trasladoulle aos representantes do CRE de Bos Aires as liñas de traballo en prol do retorno dos galegos do exterior que está desenvolvendo a Xunta de Galicia, como son as bolsas Excelencia Mocidade Exterior, Beme, ou as axudas ao retorno emprendedor, e solicitoulle colaboración para a divulgación das mesmas entre o colectivo galego residente en Bos Aires, dada a importancia que para a Xunta de Galicia ten Arxentina onde se atopa o colectivo máis numeroso de galegos do exterior, con máis de 182.600 censados.

 

Deste xeito, destacou o apoio social realizado dende a Xunta de Galicia a prol da colectividade galega en Arxentina, así como a súa labor pioneira no eido do retorno. Neste senso, recordou que a administración autonómica continúa a aprobar importantes liñas de axudas sociais para os galegos que máis o necesitan, e neste ámbito, solicitou tamén a colaboración do CRE para que estes apoios cheguen a todas as persoas con ascendencia galega que se atopen nunha situación máis delicada.

 

O secretario xeral aproveitou tamén para recordar o traballo que se está a facer tamén dende o Goberno autonómico polo retorno a Galicia. Así, precisamente Arxentina é o país do mundo cun maior número de galegos que optan as bolsas de Excelencia Mocidade Exterior Beme que permiten cursar un máster nunha das tres universidades galegas e que este ano contan con 250 prazas. “O 57% dos solicitantes desta liña de axuda para a formación, 302 en concreto, procede, na convocatoria deste ano, de Arxentina”, explicou Rodríguez Miranda.

 

Voto rogado e Lei da nacionalidade

Miranda tamén se comprometeu durante este encontro en seguir traballando para conseguir a modificación da lei da nacionalidade dos descendentes, ademais de seguir a impulsar a tramitación da lei electoral para os residentes no exterior, que permitirá a eliminación do voto rogado.

 

O secretario xeral da Emigración asegurou que dende a Xunta de Galicia continúase a estar de acordo na necesidade de reformar o  acceso á nacionalidade española por parte dos descendentes de españois, recordando que a administración autonómica sigue a traballar para que, dende o Goberno central, se corrixan os agravios comparativos que existen na actualidade para acceder á nacionalidade española.

 

Imaxes relacionadas