Os responsables de emigración e cultura da Xunta coordinan coa embaixadora de España en Arxentina as actuacións en prol da colectividade española neste país

 

Bos Aires (Arxentina), 21 de xullo de 2022

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, mantiveron nas últimas horas en Bos Aires unha reunión coa nova embaixadora de España en Arxentina, María Jesús Alonso Jiménez, con quen coordinaron as actuacións que ambas institucións están a realizar en prol da colectividade española neste país do Cono Sur. Na reunión estiveron acompañados do delegado da Xunta en Arxentina, Alejandro López Dobarro.

 

Deste xeito, o secretario xeral da Emigración deulle a coñecer a nova embaixadora a labor que está a desenvolver a Comunidade galega para apoiar aos seus residentes no país do Cono Sur, así como tamén no asesoramento cara ao posible retorno de aqueles que o desexen a Galicia, xa que non podemos esquecer que se trata do país do mundo con maior presenza galega. Con esta reunión, continúa o interese de cooperación por parte de ambos departamentos co obxectivo de colaborar e axudar aos galegos residentes no país e ás asociacións que os agrupan.

Imaxes relacionadas